Monday 13 de May de 2024

Medio Ambiente mostra a súa satisfacción pola aprobación do Plan de Conservación do ENIL das Illas de San Pedro


 

A concellería acolleu con sorpresa a nova da Xunta polas datas e todos os requirimentos esixidos desde hai dous anos e lamenta a falta de comunicación entre ambas as administracións cando a autoría do proxecto corresponde en exclusiva ao persoal técnico do departamento municipal

A Concellería de Medio Ambiente recibiu con
satisfacción, e tamén con certo asombro, a aprobación do Plan de Conservación do
ENIL (Espazo Natural de Interese Local) das Illas de San Pedro, logo de que desde
abril de 2018 en que o concello presentou o proxecto á Xunta para tal fin, o seu
persoal técnico tivo que responder a todo tipo de requirimentos da Consellería de
Medio Ambiente. Por iso, a nova foi acollida con sorpresa por parte do
departamento, máis aínda tendo en conta nas datas e nas circunstancias en que se
produce. A isto hai que sumarlle unha certa sensación de desagrado pola falta de
comunicación do Goberno autonómico de dita aprobación cando a autoría do Plan
corresponde en exclusiva ás/aos técnicas/os da Concellería.
En todo caso, desde Medio Ambiente celebran a súa posta en marcha xa que lles
permitirá contar cun instrumento que define os usos que se poderán facer destas
illas e que consolidará o rico hábitat da zona. Ademais, evitará a instrospección nela
de persoas que non teñan fins científicos sobre a contorna ou permiso legal para a
súa explotación pesqueira e marisqueira. Neste último aspecto, ao finalizar este
período de confinamento a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ten

Nota de Prensa

previsto celebrar unha reunión coa Confraría de Pescadores e Mariscadores da
Coruña para lles informar dos detalles do Plan e para estudar posibles vías de
colaboración.

Nos próximos días, a Concellería de Medio Ambiente publicará na súa páxina web
os contidos do informe para que as persoas que teñan interese sobre esta zona
protexida poidan consultalo.